Manuel Lourenzo

"Las personas que se dedican al teatro que lo piensen muy seriamente porque es un trabajo duro y lo que tienes enfrente siempre es la negativa, la oposición…. pero es un trabajo que exige que me los sea fuertes para defender el nuestro, que es hacer teatro, cine, televisión, todo lo que signifiquen las artes escénicas."

Manuel Lourenzo



"Profesor: -Non se canse. Estamos agora e iso é o que importa. Ou non estamos e entón non importa nada. Que adiante pensar? Continuaremos aquí ou tomaremos un caminño que nos ha de levar a outra paraxe semellante e diremos as mesmas cousas e imaxinaremos novos episodios nese novo escenario de cuxa realidade física tampouco teremos constancia, por grandes e certas que foren as evidencias. Quen coñece as rexións do inexistente? Se confiásemos nas probas realizadas, esta terra sería de orixe glaciar. Teño unha pedra para o demostrar. Mais quen me di que é real, que o meu tacto é real ao apreciala? Non fago máis do que dubidar. Confésome un agnóstico absoluto."

Manuel Lourenzo
Insomnes



"Señores convidados. Estimados amigos. O pano do futuro foi rasgado por unha man poderosa. Alguén quixo -quen paira sobre as nosas certidumes- que a morada de Edipo na terra fose un cerco casual, unha trama de agonias coincidente na sua curvatua co edifício das vosas esperanzas. Vós, señores convidados, ignorávades que a vosa plenitude concitava a miña demolición.
Vós non sodes culpáveis.
Quen manda sobre as nosas esperanzas decretou que xá era tempo para min de render contas pola antiga, casual prosperidade. E veloz, sobre os campos outrora feraces sementou a peste, envilecendo, con este acto de xustiza, a exaltación que me fixera rei.
Agora Tebas é grito angustiado, moitedume caníval de nais vagabundas, ama-(?) de vermes estoupados sobre a cinza das fogueiras.
Ninguén de entre nós descoñece o drama.
O clamor que nos chega das ruas é inequívoco.
O povo, embravecido, armado de desesperanza, asalta as torres onde nos fortificamos, nós, a grandeza de Tebas.
Mais non temades polas vosas vidas, meus señores convidados.
O povo só exixe castigo para min, o seu herói, o virtual asasino de Laio.
Non se pode ser fillo dunha lenda e converter-se en lenda sen pagar a desmesura.
Eu acato a vontade popular.
Poño nas vosas mans o meu tributo: a coroa de Tebas.
Un cacho de ouro que podedes adorar ou amoedar, segundo as vosas prioridades.
Poño a coroa nas mans de Creonte, o primeiro na miña sucesión, antes de converter-me no viaxeiro do comezo: aquel home abismado que fixérades un dia rei de Tebas porque asi o tiña disposto o deus que paira sobre as nosas certidumes.
Deixo-vos a coroa, símbolo de poder, na confianza de que a peste amainará cando eu, a Esfinxe, teña desaparecido
Pois eu agora son a ESFINXE.
E a vosa peste nace da miña supuración."

Manuel Lourenzo
El perfil del crepúsculo



"Teatro siempre. La televisión y el cine me gusta mucho sobre todo porque se complementan muy bien ya que son más precisas o preparadas. Pero yo prefiero el teatro, un lugar chao y libre, sin decorados, en el que lo que importa es el espacio y el tiempo y tener a los espectadores al alrededor."

Manuel Lourenzo














No hay comentarios: